Feridas dúas mulleres tras saírse da vía en Cuntis e chocar contra a varanda e un farol

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral CUNTIS / LA VOZ

CUNTIS

CONCELLO

O accidente de tráfico rexistrouse este sábado pola tarde na N-640 ao seu paso pola parroquia de Troáns

06 jul 2019 . Actualizado ás 16:24 h.

Dúas mulleres resultaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido este sábado, á primeira hora da tarde, na estrada N-640 ao seu paso pola parroquia de Troáns, no municipio de Cuntis. Segundo fontes do Servizo Municipal de Emerxencias de Cuntis o suceso ocorreu pouco antes das 14.30 á altura do punto quilométrico 220. As dúas vítimas viaxaban nun turismo que, por circunstancias que se descoñecen, saíuse da vía e chocou contra a varanda do viario, levándose tamén por diante un farol. En principio, a muller que viaxaba de copiloto presentaba as feridas máis graves. As dúas foron evacuadas ao Hospital Montecelo polo 061. Ademais de Urxencias Sanitarias e o Servizo de Emerxencias tamén se desprazou ao lugar a Garda Civil de Tráfico. Ao parecer, a condutora puido perder o control do vehículo por un problema de visión, segundo relatou ao persoal de urxencias.