Extinguido un incendio forestal no monte Xesteiras, en Cuntis

Marcos Gago Otero
Marcos Gago CUNTIS / LA VOZ

CUNTIS

CONCELLO DE CUNTIS

O aviso dérono uns ciclistas á primeira hora da mañá

30 jun 2019 . Actualizado ás 16:12 h.

Un incendio forestal detectado á primeira hora desta mañá de domingo no monte Xesteiras, en Cuntis, atópase xa extinguido desde a unha e media desta tarde, segundo sinalaron desde o Servizo Municipal de Emerxencias desta localidade. O aviso dérono uns ciclistas que se achegaron ao monte durante a mañá para practicar o seu deporte nesta contorna forestal, xa que a néboa ocultara a presenza do fume e non se percibía de lonxe. As chamas calcinaron unha superficie de ao redor dunha hectárea de monte arboledo. O Servizo Municipal de Emerxencias considera que se trata dun lume intencionado, porque non houbo tormentas durante a madrugada. 

Neste operativo estiveron traballando os operarios cuntienses, así como bombeiros forestais, dúas cuadrillas de Medio Rural e un axente. Os medios desprazados inclúen a motobomba municipal e outra da consellería.