Ferido un ciclista nunha colisión cunha furgoneta en Cuntis

La Voz CUNTIS / LA VOZ

CUNTIS

CONCELLO DE CUNTIS

O home, de 41 anos, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago

29 jun 2019 . Actualizado ás 19:31 h.

Un ciclista de 41 anos resultou ferido esta mañá de sábado nun accidente que tivo lugar na N-640 ao seu paso pola Anllada, en Cuntis ao redor das 9.30 horas. Segundo explicaron desde Protección Civil, unha furgoneta chocou coa bicicleta. O home foi atendido por unha ambulancia do 061 e por Protección Civil de Cuntis, sendo trasladado en ambulancia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.