A plataforma Asieólicosnon entrega máis de 600 firmas e reclamacións

Ana Mato PONTEVEDRA / LA VOZ

CERDEDO-COTOBADE

Entrega de reclamaciones en Carballedo por parte de la plataforma Asieólicosnon
Entrega de reclamacións en Carballedo por parte da plataforma Asieólicosnon CEDIDA

Buscan recuperar o benestar da zona e o valor das terras e as vivendas que ven afectadas

24 jul 2021 . Actualizado ás 13:01 h.

Onte no Rexistro do Concello de Cotobade, en Carballedo , a plataforma veciñal Asieólicosnon, que agrupa a persoas de diferentes parroquias dos municipios de Cerdedo-Cotobade , Forcarei e Ponte Caldelas, fixeron unha entrega masiva de máis de 600 alegacións contra os parques eólicos que se atopan en fase de exposición pública, como o son o parque eólico Siroco, o parque eólico Tramontana e o parque eólico Rula, entre outros.

Ademais desta entrega de reclamacións, tamén se presentou unha instancia pedindo ao Concello que ratificase o acordo que se estableceu na reunión informativa celebrada o pasado 27 de xuño, prestando asistencia técnica e xurídica, así como a información sobre os distintos parques eólicos proxectados nesa mesma zona.

Proceso lento

Será un proceso lento, xa que debido á Lei de simplificación administrativa que foi aprobada pola Xunta de Galicia e á inmensa cantidade de parques eólicos proxectados na zona, está a complicarse bastante o exercicio de dereito cidadán a rexistrar as reclamacións e a recibir a información.