Xornada lobera en Carballedo con prestixiosos naturalistas

La Voz

CERDEDO-COTOBADE

aecam

13 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoy • Todo o • día Carballedo (Cerdedo-Cotobade) • A Asociación Educativa Animais do Mundo (AECAM) pon o seu granito de area a favor da conservación do lobo, un animal tan incrible como imprescindible na natureza. Este colectivo celebra hoxe en Carballedo a primeira xornada lobera, que contará coa participación de recoñecidos e prestixiosos biólogos e naturalistas. En entre eles, figura Odile Rodríguez de la Fuente, filla do emblemático Felix Rodríguez de la Fuente e presidenta da fundación que leva o seu nome. O evento desenvolverase durante todo o día con charlas da propia Odile, de Carlos Sanz, biólogo do programa O home e a terra, do naturalista Miguel Mosquera e o veterinario Francisco Lema. Ademais, a organización ten previstas outras actividades sorpresa ao redor dos cánidos salvaxes e os seus segredos. Esta xornada lobera conta coa colaboración do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, a Consellería de Medio Ambiente e o Consello de Cerdedo-Cotobade.