Restablecida a circulación en N-550 en Caldas tras un choque entre un camión e un bus

La Voz CALDAS / LA VOZ

CALDAS DE REIS

O accidente de tráfico produciuse preto da fábrica Cravo Conxelados, situada no lugar de Outeiro, na parroquia de Bemil

20 ene 2021 . Actualizado ás 21:01 h.

A estrada N-550 que comunica Caldas de Reis con Santiago estivo cortada por un accidente de tráfico entre un autobús e un camión. O suceso produciuse minutos antes das doce da mañá nas inmediacións da fábrica de Cravo Conxelados, en Outeiro (Bemil), e ata o lugar desprazouse nun primeiro momento unha patrulla da Policía Local para regular o tráfico na zona. Tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico e os  Bombeiros do Salnés. Protección Civil de Caldas recomendou a través das súas redes sociais aos condutores procedentes da parroquia de San Clemente que tomasen vías alternativas mentres as asistencias estaban a traballar no lugar.