Caldas realiza labores de mantemento no céspede das Corticeiras

c. b. CALDAS / LA VOZ

CALDAS DE REIS

CONCELLO

24 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Caldas de Reis acaba de realizar uns traballos para o mantemento do céspede do campo de fútbol municipal das Corticeiras. Consistiron na limpeza da superficie e o cepillado da base de caucho mediante maquinaria especializada. Segundo sinalou onte o concelleiro de Deportes, Jacobo Pérez (PSOE), ese tipo de labores son fundamentais para aumentar a vida útil do céspede e garantir as mellores condicións na práctica do fútbol.

Nos últimos anos o goberno local destinou máis 500.000 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra ao campo das Corticeiras. Ese investimento permitiu ampliar o terreo de xogo, renovar o céspede, construír unha nova bancada e mellorar a cuberta doutra, ademais de instalar unha nova cantina na última fase de obras. O obxectivo do Concello, sinalou o goberno local, é transformar o campo nun «verdadeiro estadio». A próxima actuación será un novo peche perimetral.