O encoro do Umia deixa de estar en alerta por cianobacterias

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral CALDAS / LA VOZ

CALDAS DE REIS

ADRIÁN BAÚLDE

Augas de Galicia levanta ese estado despois de case seis meses pola proliferación de algas

14 dic 2019 . Actualizado ás 09:44 h.

O encoro do Umia, en Caldas de Reis, xa non está en alerta por cianobacterias. Segundo confirma este venres o organismo Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas, as augas da presa da Baxe pasaron ao estado de normalidade este xoves, 12 de decembro. A decisión adoptouse tras comprobar o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia os resultados de cianobacterias no encoro e nas capataciones de auga de Segade, Ponche Baión, Ponche Arnelas e Rabuñade, situadas todas elas augas abaixo da presa. O pantano do Umia entrou en situación de alerta pola proliferación da alga Microcystis o pasado 24 de xuño. Case seis meses despois recupera a normalidade.