Un conto dos Bolechas para previr a violencia de xénero

C.B. CALDAS / LA VOZ

CALDAS DE REIS

CONCELLO

Nenos da ludoteca de Caldas de Reis recibiron este luns un exemplar da obra

29 jul 2019 . Actualizado ás 18:44 h.

Un conto que todos os nenos maiores de 3 anos de Caldas de Reis terán nas súas casas o próximo setembro, con motivo do inicio do curso escolar. O Concello repartirá a obra Os Bolechas: Xigantes e Cabezudas en Caldas de Reis ás familias. Os participantes na ludoteca de verán que se desenvolve no colexio público integrado (CPI) Alfonso VII tiveron un adianto este luns e recibiron o conto. O alcalde, Juan Manuel Rey (PSOE), e o concelleiro Manuel González fixeron a entrega e explicáronlles que a obra foi subvencionada polo Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Con esa axuda o Concello de Caldas organizará unha campaña de fomento da igualdade e prevención da violencia machista entre a poboación máis nova do municipio. Fíxose unha tirada de mil exemplares de .. Os Bolechas: Xigantes e Cabezudas en Caldas de Reis