Adxudicada a reparación da depuradora de residuais de Paradivas, en Caldas

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral CALDAS / LA VOZ

CALDAS DE REIS

Ramón Leiro

Augas de Galicia contratou os traballos á empresa Viaquia Xestión Integral por 36.300 euros

19 jul 2019 . Actualizado ás 13:34 h.

A Consellería de Infraestruturas acaba de adxudicar, a través de Augas de Galicia, as obras de reparación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Paradivas, na parroquia de San Andrés de César, en Caldas de Reis. Os traballos foron contratados á empresa Viaqua Xestión Integral por un importe de 36.300 euros. A previsión da Xunta é que as obras se inicien en agosto. O obxectivo desta actuación é poder pór en funcionamento a depuradora para que contribúa a reducir a entrada de nutrientes no encoro do Umia e, en consecuencia, a proliferación de algas.