Un incendio nun galpón de Caldas mobiliza aos bombeiros

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral CALDAS / LA VOZ

CALDAS DE REIS

O lume orixinouse nun alpendre de leña situado no lugar de Ribocias, na parroquia de San Clemente

24 abr 2019 . Actualizado ás 19:59 h.

Un incendio urbano declarado este mércores no municipio de Caldas de Reis obrigou a mobilizar aos medios de urxencias. Segundo indicou a Policía Local, o lume iniciouse ás 17.44 horas nun galpón dunha vivenda situada no lugar de Ribocias, na parroquia de San Clemente. Ata o lugar desprazouse o grupo de urxencias supramunicipal (GES) de Valga e unha dotación dos bombeiros de Pontevedra. O suceso saldouse sen feridos e só se rexistraron danos materiais no galpón, onde os propietarios almacenaban leña.