Campaña socialista no mercadillo de Caldas

C.B. CALDAS / LA VOZ

CALDAS DE REIS

PSOE

Os candidatos ao Senado Margarita Adrio e Daniel Chenlo visitaron a feira acompañados polo alcalde da localidade

15 abr 2019 . Actualizado ás 17:59 h.

Margarita Adrio e Daniel Chenlo, candidatos do PSOE ao Senado nas eleccións do próximo 28 de abril, visitaron este luns o mercadillo de Caldas de Reis. Os cargos socialistas estiveron acompañados polo alcalde e candidato á reelección, Juan Manuel Rey, e polos concelleiros María López e Manuel González, tamén secretario xeral da agrupación local. «Saímos con moito ánimo nesta campaña», afirmou Margarita Adrio, que apuntou que o último domingo de abril elíxese entre a «involución» que representan as dereitas de PP, Cidadáns e Vox e o «progreso» que representa o PSOE. «Temos demostrado que facemos políticas progresistas nestes poucos meses á fronte do Goberno», defendeu. Adrio mencionou expresamente as políticas de igualdade, de protección dos dereitos dos traballadores, o benestar e a xustiza social. Nesa liña, pronunciouse Daniel Chenlo, que remachou que nestes comicios se xogan dous modelos. Pola súa banda, o rexedor de Caldas confirmou que presentará a súa candidatura para as municipais despois de Semana Santa.