Poda das palmeiras da contorna da igrexa en Caldas

La Voz

CALDAS DE REIS

CONCELLO

Os traballos de mantemento son previos ao tratamento contra o picudo vermello

14 feb 2019 . Actualizado ás 08:00 h.

Técnicos dunha empresa contratada polo Concello de Caldas de Reis están a podar desde o luns as palmeiras da contorna da igrexa. Son traballos de mantemento consistentes na limpeza, eliminación de follas secas ou en mal estado, así como de acios de froitas para aplicar despois tratamentos contra o picudo vermello.