Homenaxe en Bueu en recordo de Johan Carballeira, fusilado en 1937

La Voz BUEU / LA VOZ

BUEU

CONCELLO DE BUEU

José Gómez da Cueva foi alcalde en 1936, poeta e xornalista

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Amigos de Johan Carballeira organizou onte unha ofrenda floral ante o monumento dedicado a José Gómez da Cueva , Johan Carballeira, con motivo do 84 aniversario do seu fusilamento polas forzas franquistas durante a Guerra Civil. Johan Carballeira foi alcalde de Bueu nos meses previos ao comezo da contenda en 1936. Tamén era poeta e xornalista.