A xuíza envía a prisión ao sexto detido polo narcosubmarino

A Lama

O home ingresará na carcel da Lama, como os outros cinco arrestados

05 dic 2019 . Actualizado ás 14:49 h.

A titular do xulgado número 1 de Cangas decretou prisión provisional e sen confianza para o último arrestado vinculado ao narcosubmarino interceptado en Cangas. O detido pasou a disposición xudicial esta mañá e agora ingresará no cárcere da Lama, do mesmo xeito que os cinco arrestados anteriores.