Os sindicatos penais boicotean a festa da Mercé

Alfredo López Penide
López Penide A Lama / LA VOZ

A Lama

CEDIDA

«Non estamos para celebracións», sosteñen os delegados

21 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A celebración hoxe da festividade da Mercé terá un marcado carácter agridoce na prisión da Lama. E é que os sindicatos Acaip, CC. OO., ATP e CIG anunciaron que non participarán nos actos programados pola situación de conflito colectivo na que están inmersos e por «a falta de resposta por parte dos xestores penais ante as nosas lexítimas reivindicacións laborais e económicas».

Neste sentido, criticaron a perda constante de persoal ata chegar «a unha situación practicamente insostible que está lesionando os dereitos dos traballadores». A isto suman, a súa percepción dun futuro «pouco alentador» dada a elevada media de idade do persoal penal e á crecente conflitividade que se rexistra. A este respecto, reclamaron como unha posible solución o que se lles recoñeza como axentes da autoridade.

De igual modo, e tras anunciar unha mobilización ás portas do centro pontevedrés o vindeiro luns, tacharon de «imprescindible» o que se inicie a retirada do persoal de seguridade privada que realiza labores de vixilancia exterior no penal da Lama, traballos que consideran deben ser, de novo, asumidos pola Garda Civil.