A versión galega de «A Liorta (Voltaire/Rousseau» estréase en Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

AVELAÍÑA TEATRO

28 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Coa dirección de Antonio Simón, esta tarde (20 horas), a sede da S.C.D. Mourente de Pontevedra acollerá a última das sesións do ciclo de teatro co estreo da nova obra de Avelaíña Teatro. Trátase de A Liorta (Voltaire / Rousseau), una peza baseada no orixinal de Jean-François Prévand con tradución a cargo de Mar Miravalles Gallo.

Á hora de por en escena esta peza, a compañía pontevedresa púxose en contacto co propio autor francés, quen se mostrou encantado con esta iniciativa e deu a autorización para que se representase de xeito amateur a súa obra traducida ao galego. De igual xeito, ocorreu coa editorial belga Lasman que publicou o manuscrito orixinal que aborda, segundo destacan dende Avelaíña Teatro, «unha escena doméstica entre dous polemistas natos, profundos e corrosivos».

Xulio Leal interpreta a Voltaire, mentres que Miguel Anxo Martín asume o rol de Rousseau. Antonio Simón, pola súa banda, pon a voz en off do criado.