Os labores, xa iniciadas, son de xardinería, limpeza e roza, ademais de reforzarse a recollida de lixo
24 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.O Concello de Pontevedra está realizando estas semanas un plan de reforzo do mantemento dos cemiterios municipais con vistas ao día de Todos os Santos que se celebra o 1 de novembro. Esas medidas acompáñanse doutras como o reforzo da limpeza e a recollida de lixo nos camposantos ou o plan de tráfico nos de San Mauro e Lérez deseñado pola Policía Local. En concreto, o que se está executando son traballos de xardinería, limpeza e roza nos cemiterios de San Mauro, Bora, Campañó, Lourizán e Ponche Sampaio. No de San Mauro tamén se bacheó a rúa.