Lito Garrido: «Para o ano vaise facer a xira de Panorama»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Cedida

O cantante de Panorama anuncia que a orquestra volve á estrada no 2022 tras dous anos de parón pola pandemia

06 oct 2021 . Actualizado ás 11:56 h.

«Vese coma o final do túnel. Fora de Galicia e Asturias, que son as dúas comunidades singulares, a contratación estase contratando cunha normalidade practicamente absoluta de cara ao ano que ven. A contratación reactivouse», sinala un dos nomes propios da verbena galega, Lito Garrido, cantante e máximo responsable de Panorama .

Tras precisar que nestes dous anos prescindiron de realizar xira, incide en que, aínda que en Galicia a contratación vai máis lenta, o certo é que tamén ha ir mellorando. Tanto ha mellorada a situación que Lito Garrido anunciou que «para o ano vaise facer a xira. Estamos totalmente seguros. De feito, a partir de outubro xa vamos a empezar a ir preparando pouco a pouco, a ir mirando como temos o material despois de dous anos. Tan pronto como se poida arrancar, que non cremos que sexa máis tarde da primavera...», engade, á vez que confirma que xa teñen contratada a súa presenza en marzo en Fállalas.

«Panorama vai facer a xira 2022 -insistiu-. A vamos facer mellor que nunca. Temos máis gañas que nunca (...). Confiamos plenamente en que isto volverá a normalidade».

Lito Garrido alude, así mesmo, a que se durante este ano foi habitual que se fixese fincapé en que «a cultura é segura e que temos que facer concertos coas medidas covid», entende que agora se ten que loitar desde o sector para que as festas poidan desenvolverse con normalidade.

O lecer nocturno

Deste xeito, alude ao que considera que é unha inxustiza, como é o feito de que o lecer nocturno estea afectado por unhas restricións que, ao seu xuízo, son menores que as que teñen que afrontar os concertos ao aire libre. «Temos que loitar porque esas normas vaian desaparecendo, pero, iso si, con moito coidado e con meses de traballo por diante. Cremos que en tres meses, isto ten que volver á normalidade», remarca lamentando que houbese persoas e sectores que se quixese aproveitar da pandemia para cargar contra as verbenas.

Igualmente, recoñeceu o seu malestar e tristeza contra os que criticaron que algunhas grandes orquestras non participasen no festival desta fin de semana. É por iso que o líder de Panorama realizou un chamamento para remar todos na mesma dirección, permanecer unidos.