Feiras e festas enchen as rúas de Pontevedra de actividade

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

A feira da saúde, Pontebirra e o Avoa Fest prometen un sábado tan intenso como foi este venres na Boa Vila

18 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Pontevedra vive a rúa. Iso é algo innegable. A cidade como punto de encontro, como extensión do fogar (que é o lema do efecto PO2 para a semana europea da mobilidade deste ano) materializouse onte e de que xeito. Tres eventos organizados polo Concello atraeron a centenares de veciños, que sempre responden a este tipo de convocatorias.

A feira da saúde e o benestar, Pontesán, abriu onte as súas portas nunha carpa de mil metros cadrados na praza de España. Alí, 34 asociacións sociosanitarias danse cita neste evento, organizado pola concellaría de Deportes e Saúde, para dar a coñecer as súas actividades.

O programa de hoxe (de 11 a 14.30 e de 17 a 20 horas) inclúe charlas, talleres e actividades diversas centradas na alimentación saudable.

De alimentación tamén se falou no Avoa Fest, que se inaugurou onte para recompiar receitas das avoas. Esta tarde terá lugar o «desafío filloa» (18 horas na Alameda).

E para gozar dunha boa cervexa artesanal, a praza da Ferrería acolle Pontebirra, que hoxe abre de mediodía a 1 da madrugada.

34 entidades. Pontesán é unha gran homenaxe ao labor que realizan as asociacións e entidades para apoiar e asesorar a pacientes e ás súas familias. Ata 34 colectivos danse cita este ano para darse a coñecer á sociedade

Pontesán. A feira da saúde e en benestar abriu as súas portas este veres na praza de España. Hoxe e mañá haberá diversas actividades e talleres organizados por colectivos sociosanitarios. En Pontesán colaboran o Concello, a Deputación e a Universidade.

Pontebirra. Os amantes da cervexa tradicional teñen unha cita ineludible na Ferrería con Pontebirra, unha feira de reúne ata 70 variedades diferentes.

34 entidades. Pontesán é unha gran homenaxe ao labor que realizan as asociacións e entidades para apoiar e asesorar a pacientes e ás súas familias. Ata 34 colectivos danse cita este ano para darse a coñecer á sociedade

Avoa Fest. Cun espectacular «bosque dá memoria» na praza da Peregrina deu inicio o Avoa Fest, un evento integrado no proxecto Pontevedra Capital Gastro co que se pretende homenaxear ás receitas tradicionais das nosas avoas.