Rebeliom do Inframundo, en Urbana Monte Porreiro

La Voz

PONTEVEDRA

02 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 21 horas • Miradoiro de Monte Porreiro • O grupo Rebeliom do Inframundo inaugura o ciclo Urbana Monte Porreiro, en substitución de Dios ke te Crew, que non poderá actuar por segundo «incompatibilidades persoais», informou o Concello.

Rebeliom do Inframundo, formación musical de Ponteareas, defínese como unha banda de rap combativo, que ofrece unha proposta que os levou a ocupar cada vez máis un lugar propio na escena galega nos últimos anos. Trátase dun espectáculo baseado no seu compromiso con Galicia. Creada no 2005, Rebeliom do Inframundo converteuse nun referente musical. Esta agrupación confórmana Nervo, Malvares de Moscoso, Frank, Movements e Pol.