A pontevedresa Lara Cores gaña o certame Reacción polo Clima

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

La presidenta de la Diputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación destacou «o grande talento e o papel clave da mocidade da provincia» na loita contra o cambio climático

02 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra fixo públicos os nomes dos gañadores da segunda edición dos seus premios provinciais Reacción poloClima . A presidenta da institución, Carmela Silva, mostrou a súa satisfacción coa calidade dos audiovisuais recibidos e por en «o gran talento e o papel clave da mocidade da provincia» a loita contra o cambio climático.

Así pois, a gañadora do primeiro premio é Lara Cores, de 23 anos e veciña de Pontevedra, polo traballo titulado «Adeus ríos, adeus fontes». «O xurado valorou a escolla da autora de expoñer os danos da contaminación en Galicia nunha peza que se creou coa música do grupo Baiuca, poemas e lírica galega e imaxes da nosa paisaxe», sinalaron desde a Deputación. O segundo premio foi para Manuel Albariñas, de 21 anos e veciño de Marín, pola obra «Puro aire»; e o terceiro correspondeulle a un grupo de alumnos de primeiro de bacharelato do colexio Marcote, que presentaron «Antropoceno destrución».

O xurado, así mesmo, concedeu unha mención especial, pola temática empregada, á obra de Luis Villanueva, de 23 anos e veciño de Silleda, por «Ioane». Os premios entregaranse no outono na Gala dous Premios Provinciais á Xuventude.