Circo contemporáneo, poesía e humor, en Poio

Alfredo López Penide
López Penide POIO / LA VOZ

PONTEVEDRA

CULTURACTIVA

31 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta tarde, e da man da Compaña Vaia, a contorna da praia de Lourido, no municipio de Poio , gozará do seu espectáculo Atempo. Trátase dun show no que o circo contemporáneo se dá a man co humor e a poesía con impresionantes acrobacias, danza e teatro gestual. Desde Culturactiva destaca que, con esta peza, «a Compaña Vaia interpela ao espectador para que se pregunte polo futuro da nosa especie. A través do circo contemporáneo falamos sobre os nosos procesos de evolución invitando a quen ve a obra a retroceder ás bases do que fomos, o que talvez somos e o que nos habita», engadiron.

Deste xeito, preséntase unha visión orixinal da evolución humana onde os artistas conducen ao público cara aos instintos da humanidade, propondo unha visión diferente do que é ser humano.