A provincia de Pontevedra liderou o crecemento da reciclaxe en Galicia no 2020

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

PONTEVEDRA

miguel souto

A recollida selectiva nos colectores amarelos subiu unha 14,6 % fronte ao 13,4 % da media na comunidade

12 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

En Galicia , o ano pasado a recollida selectiva, segundo datos de Ecoembes, creceu un 13, 4 % no colector amarelo. En Pontevedra os cocientes foron aínda mellores e o incremento, por amais da media da comunidade autónoma, foi dun 14,6 e dun 7,1 en papel en cartón. Iso sitúa á provincia de Pontevedra como líder das catro provincias no crecemento tanto dos residuos recolleitos no colector amarelo como no azul, destinado á recollida de papel e cartón no ano 2020. Uns resultados que desde Ecoembes achacan ao esforzo realizado desde a Xunta e aos propios concellos da provincia que están a empurrar.

Ao longo do ano levaron a cabo iniciativas como a colocación dun colector xigante en lugares céntricos dentro da campaña Úneche ao reto. En Pontevedra, apuntan desde Ecoembes, estiveron en 32 concellos e ao longo do ano colocáronse na provincia 484 novos colectores.

Se temos en conta os datos dos diferentes concellos da provincia, os resultados son moi diferentes. Desde Ecoembes poñen o acento tamén as diferenzas de consumo entre as poboacións rurais onde tradicionalmente se aproveitaba case todo e as máis urbanas. Nestas últimas adóitanse xerar máis residuos. Nunha provincia como a de Pontevedra, o xerente de Ecoembes, apunta tamén o feito de que hai poboacións, especialmente costeiras, que ven crecer de forma moi importante a súa poboación en épocas do ano como é o verán, o que se traduce nun maior número de residuos e, porcentualmente, un maior número de quilos recolleitos que elevan a media por habitante.

Na provincia, Mondariz-Balneario con 37,8 quilos de envases lixeiros recolleitos por persoa e 30,4 quilos de papel recolleitos por persoa lidera o ránking provincial. Séguelle A Illa de Arousa con 37,3 e 25,3 quilos por persoa, respectivamente. Meaño, con 33,5 quilos por persoa, é o concello que máis papel recolle para reciclar da provincia. Só en dezaseis concellos o número de quilos de envases lixeiros recolleitos por habitante supera os 20 e entre os municipios cos números máis altas, ademais dos citados atópanse algúns como O Grove, O Rosal, Mondariz, Vilanova de Arousa, Cerdedo ou Cambados.

En Galicia hai dous modelos de xestión de residuos. O maioritario: cos colectores verde, azul e amarelo lavando os residuos á planta de Sogama e outro no que se distingue entre residuos orgánicos e inorgánicos. A entidade faise cargo dos materiais a través de recicladores autorizados e vea por que se lles dea unha segunda vida. Grazas a esa función todos os envases que se recuperan nas tres plantas de selección se reintroducen na cadea de produción.