O Museo de Pontevedra avalía o estado dos seus edificios centrais

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

A medida busca saber como actuar para deseñar a súa futura rehabilitación

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A empresa Ideas TX Enxeñería realizará, por encargo da Deputación, un estudo de patoloxías dos edificios centrais do Museo de Pontevedra, os inmobles coñecidos como Castro Monteagudo, García Flórez e Fernández López. O obxectivo é «coñecer ao detalle e de maneira actualizada todas e cada unha das súas deficiencias».

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, explicou que un estudo previo xa deixou claro que o estado dos edificios era «moi malo», pero que é necesario este informe máis preciso «para evitar sorpresas». Este é un paso máis para poder acometer o proxecto de rehabilitación e a conexión subterránea dos inmobles.