Os refachos de vento rozan os cen quilómetros por hora en cabo Udra e Ons

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

Os termómetros miden temperaturas entre os 10 e os 13 graos

20 ene 2021 . Actualizado ás 21:03 h.

O vento que se deixa sentir desde a madrugada pasada en Pontevedra e os municipios da súa contorna rexistrou o seu refacho máis intenso na estación que Meteogalicia ten instalada en cabo Udra, en Bueu, onde se mediron 99 quilómetros por hora. Non foi o único caso en que durante a noite se chegou a case tocar a marca dos cen, porque a illa de Ons rexistrou 97,2 quilómetros por hora. O refacho máximo noutros puntos da comarca tamén foi bastante elevada, con 58 quilómetros por hora en Sanxenxo e Pontevedra e 72 na Lanzada. 

Pola súa banda, os termómetros rexistran unhas temperaturas que rolda entre os dez e os trece graos en Pontevedra e municipios da contorna.

A predición de Meteogalicia para estas semana é de precipitacións todos os días, con temperaturas que serán altas para as mínimas e normais para as máximas con respecto ao habitual para este período. Haberá vento forte do suroeste do xoves pola mañá ao xoves pola tarde.