O Concello de Pontevedra súmase á teoría da orixe galega de Colón

S.B. PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE PONTEVEDRA

25 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Pontevedra patrocinou por primeira vez un estudo sobre a orixe galega de Cristóbal Colón. Trátase dun documental de 30 minutos de duración, realizado por Ánxo Peláez e Fernando Portela, que «compila o argumentario e indicios, algúns deles novos, defendidos polas múltiples voces que reivindican que o almirante naceu na localidade pontevedresa de San Salvador de Poio».

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Pontes (PSOE), e Enrique Esteban, o presidente da asociación Colón Galego-Celso García de Régaa, deron a coñecer onte a iniciativa, que tamén conta con financiamento do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra. Precisamente, a vinculación de Colón coa ría e a explotación da súa orixe como recurso turístico é o argumento do Concello para patrocinar o documental.

Este será estreado en público o próximo 4 de decembro, ás 20 horas no Teatro Principal. Haberá capacidade limitada a 30 persoas, para o que é preciso solicitar invitacións a través do correo porte\imaco.é.