Larriba destaca o compromiso «coa igualdade» do Teucro de Irene Vilaboa

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

19 oct 2020 . Actualizado ás 17:47 h.

A adestradora do Teucro, Irene Vilaboa, visitou este luns a Subdelegación do Goberno en Pontevedra nun acto no que Maica Larriba destacou o «compromiso coa igualdade» do club ao contar coa técnico viguesa como máxima responsable dun equipo masculino da División de Honra Prata.

Vilaboa é a única muller a cargo de un equipo desta categoría. Larriba destacou o compromiso do Executivo central co deporte feminino ao lembrar que o Consello Superior do Deporte leva a cabo actuacións específicas dirixidas a que haxa máis presenza feminina nos cadros técnicos e nas organizacións deportivas. Vilaboa xa foi a primeira muller en dirixir un equipo masculino de Primeira Nacional.