O Teucro recupera a Miguel Sío

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

O extremo dereito volve a Galicia despois de xogar os últimos meses no Trops Málaga de Disvisión de Honra Prata

30 jun 2020 . Actualizado ás 19:03 h.

O Teucro recupera para a próxima tempada a Miguel Sío López despois de menos dun ano xogando no Trops Málaga. O extremo dereito regresa así a Galicia da man de Irene Vilaboa e de Emilio Pintos, o responsable da dirección deportiva do Teucro, e exentrenador de Sío. «A volta ao Teucro era unha boa oportunidade para xogar en Galicia en Prata e a verdade que coñezo o traballo de Irene nos seus anteriores clubs e teño moi boas referencias, ademais de contar coa confianza de Milucho que xa foi o meu adestrador no Cisne», sinala Sío López, que se formou na canteira da SAR de Redondela ata cadetes e logo pasou ao Octavio en xuvenís. A súa etapa como sénior a comezou no Cisne de Primeira Nacional, onde estivo dous anos, e despois incorporouse ao Teucro. No conxunto azul militou dous anos máis e chegou a xogar unha fase de ascenso a Asobal e uns cuartos de final da Copa do Rey .

Deixou a casa teucrista para xogar catro tempadas no Novás, con quen chegou a División de Honra Prata. O OAR da Coruña e o conxunto malagueño foron os seus dúas últimas paradas. «Será un ano complicado para todos os clubs despois da situación vivida, así que os equipos con máis traballo e regularidade serán os que mellor se sobrepoñan», asegura Miguel Sío.