As subvencións municipais para autónomos prevén anticipos do 75 %

A idea é «reducir o desembolso inicial que teñan que realizar os e as solicitantes das axudas»


Pontevedra / A voz

O Concello de Pontevedra anticipará ata un 75 % da liña de axudas a microempresas e autónomos habilitada co obxectivo de axudar á recuperación económica dos negocios locais tras o confinamento.

De momento as axudas non foron convocadas, xa que se están elaborando as bases que rexerán a concesión. Si existe un borrador, que xa está a ser facilitado entidades empresariais como Aempe; a Cámara de Comercio, Asociación de Novos Empresarios, Hostaleiros Empresarios de Pontevedra, Asociación de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros da provincia, Asociación de Hoteis de Pontevedra; Asociación de Comerciantes Loureiro Crespo e Adxacentes; ou a Asociación Provincial de Barberías.

Ademais, viñéronse mantendo contactos con algunhas destas entidades, e desas consultas saíu a proposta de que os autónomos poidan optar a anticipos das axudas. «A principal finalidade deste anticipo é redoucir o desembolso inicial que teñan que realizar os e as solicitantes das axudas», sinalou a portavoz do goberno, Anabel Gulías (BNG), que considera que «este adianto contribúe dunha forma sinxela e eficaz a que a xente se anime a pedir estas axudas para mellorar os seus negocios sempre co punto de vista fixo no futuro, en mellorar a nosa cidade, e en mellorar o tecido económico e social».

Hai que lembrar que o Concello disporá de 1,25 millóns de euros para financiar esta liña de subvencións. A idea é financiar proxectos de modernización, mellora, adaptación e dixitalización dos negocios, embelecemento interior e exterior, mellora da accesibilidade, eficiencia enerxética...

As axudas terán unha contía máxima de 5.000 euros ou o 70 % do custo total do proxecto, e poden optar negocios locais que teñan estado pechados polo menos 15 días pola pandemia.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votacin
28 votos
Comentarios

As subvencións municipais para autónomos prevén anticipos do 75 %