O adegueiro Xosé Vázquez, nos directos do Envero

PONTEVEDRA

cedida

01 may 2020 . Actualizado ás 11:11 h.

Un fin de semana máis, e co traspondo da pandemia do coronavirus, Jacobo Rivas, propietario do Envero, organiza unha serie de conversas en directo con recoñecidos profesionais do sector hostaleiro e vinícola a través do seu perfil de Instagram. Si onte participou Luis López Rodiño, propietario do Hama Bar de Pontevedra, hoxe está previsto que os Vermús do Envero conten coa presenza de Luis Alberto Gómez Cousillas, un dos titulares do Ye Olde Basset.

Deste xeito, as xornadas de sábado e domingo quedan reservadas para dous coñecidos adegueiros de outras tantas denominacións de orixe. Por un lado, Xurxo Alba Padín, da DO Rías Baixas, intervirá mañá para falar, entre outras cuestións, da experiencia de Bodegas Albamar, mentres que o domingo tocaralle a Xosé Vázquez Rodríguez, quen a través de Século, na Teixeira (Ourense) e pertencente á DO Ribeira Sacra, aposta por unha produción off mainstream, isto é, fora dos convencionalismos.