«A vivir que son 100 anos», exposición de Afundación sobre a lonxevidade

La Voz

PONTEVEDRA

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata o 26 de marzo • Café Moderno • «A vivir que son 100 anos» é o título do novo proxecto expositivo de Afundación en colaboración coa Fundación Xeral CSIC, deseñado co obxectivo de ofrecer unha visión científica sobre o fenómeno da lonxevidade e o envellecemento saudable.

Poderase visitar na sala de exposición do Café Moderno de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 horas e os sábados de 11 a 14 horas e de 17.30 a 20.30 horas.

Trátase dunha exposición que percorre os procesos do envellecemento como individuos e a nivel colectivo como sociedade, cos obxectivos de mellorar a comprensión deste fenómeno e de impulsar iniciativas innovadoras que contribúan a transformar o proceso de envellecemento nunha fonte de oportunidades. Un proxecto poliédrico no que conceptos como lonxevidade, envellecemento saudable, vitalidade na madurez ou investimento na vellez abórdanse desde diferentes perspectivas. Trátase dunha invitación a todas as idades a pensar no seu futuro e aos maiores a vivir de forma plena.