Unha plataforma de 10 metros para ver o desfile

La Voz

PONTEVEDRA

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Concellaría de Festas instalará o sábado unha plataforma de 10 metros na fachada da Casa Consistorial destinada ás persoas con mobilidade reducida, de forma que poidan gozar do desfile de entroido igual que o resto de participantes. Ademais, a Concellaría dispón desde principios de semana da programación de entroido, que se pode recoller no Concello, en Churruchaos e Casa dá Luz.