«Viaxe ao centro do corpo humano», de Spasmo Teatro

La Voz

PONTEVEDRA

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 12 e 18.30 horas • Teatro Principal • 4 euros máis gastos • Prosegue a 21 edición de Domingos do Principal en Pontevedra. Este domingo a proposta é o teatro de humor gestual coa obra Viaxe ao centro do corpo humano, da compaña salmantina Spasmo Teatro. E se fósemos tan pequenos para meternos dentro dunha persoa e vivir unha incrible aventura? É a aposta. Spasmo propón unha viaxe extraordinaria, propia dunha historia de Jules Verne, a través do corpo humano. Unha máquina perfecta pola que estes intrépidos cosmonautas viaxarán para ver como funciona por dentro. Dura 50 minutos e é para maiores de 5 anos.