Recepción a unha deputada de Baía.

La Voz

PONTEVEDRA

Pablo Hernandez Gamarra

17 ene 2020 . Actualizado ás 20:25 h.

Carmela Silva recibiu no pazo provincial á deputada do estado brasileiro de Baía Carmen Fidalgo, membro da Mesa do Parlamento, experta en urbanismo e recoñecida activista feminista no país suramericano. Fidalgo, que é de orixe galega, foi quen solicitou este encontro.