O chofer dun autobús escolar en Cuntis maréase e perde o control do vehículo

Ana Barcala PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Cedida

Os nenos, ilesos, foron trasladados ao don Aurelio polos seus pais

14 ene 2020 . Actualizado ás 10:54 h.

Un desmaio repentino provocou que o condutor do autobús escolar que recollía aos alumnos do colexio don Aurelio, en Cuntis, perdese o coñecemento e o control do vehículo. O incidente ocorreu ao redor das 8.45 horas desta mañá, cando o autobús iniciaba aínda a ruta de recollida polo que no seu interior, ademais do condutor e a acompañante, viaxaban só dous escolares, que resultaron ilesos.

A sorte quixo que o autobús se desviase cara a unha leira exterior situada ao mesmo nivel que a estrada, o que evitou vuelcos e danos maiores.Fontes da Policía Local indican que ademais o autobús viaxaba a escasa velocidade, un factor que tamén foi determinante para evitar lesións persoais. Foi a propia acompañante quen se encargou de apagar o vehículo e alertar do ocorrido aos servizos sanitarios e ao 112, así como aos pais dos menores, que recolleron aos seus fillos no lugar do accidente, no lugar de Loureiro, Portela, para achegalos ao centro escolar.

O condutor foi trasladado ao centro de saúde da Estrada para practicarlles as probas médicas necesarias para determinar que foi o que lle ocorreu. 

Ata o lugar do accidente trasladouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, que abriu unha investigación para esclarecer que lle ocorreu ao condutor, Protección Civil e a Policía Local de Cuntis. Tamén se desprazaron ata a parroquia cuntienses responsables da empresa do transporte escolar