Novos Cinemas no Principal

La Voz

PONTEVEDRA

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Do 10 ao 15 deste mes Teatro Principal • O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra comezará o vindeiro martes con dúas actividades gratuítas. Trátase do taller Habitar un rostro / Ou xesto do encontro (17 horas), con Jaione Camborda e o alumnado participante e a apertura da nova edición de Novos Cinemas (20.30 horas). As proxeccións empezan o mércores.