A policía investiga un caso de abuso sexual nun baño dun local de hostalería
PONTEVEDRA
A Policía Nacional investiga un caso de abuso sexual que se produciu esta fin de semana no interior dun servizo dun local de hostalería de Pontevedra. A investigación hase iniciado por mor da denuncia da vítima, que o pasado venres pola noite se viu abordada por un home cando se dispuña a facer uso do servizo do establecemento.
Foi a propia muller, de 23 anos, a que se achegou a Comisaría a interpor a denuncia despois de que o home se introducise no baño con ela e someteuna a diversos tocamentos mentres lle impedía saír. Finalmente, a muller puido zafarse, saír á rúa e desde alí dirixirse a interpor a denuncia. Os axentes traballan xa para dar co home, que aínda non foi identificado. Encárgase das pescudas a Unidade de Atención á Familia e a Muller (UFAM) da Policía Nacional de Pontevedra.