Viaxes Interrías prevé un 2020 con gran dependencia de ofertas de última hroa

La Voz

PONTEVEDRA

cedida

A compaña asistiu á feira World Travel Market de Londres, marcada pola quebra de Thomas Cook e o brexit

12 novs 2019 . Actualizado ás 20:10 h.

Viaxes Interrías acaba de regresar da feira World Travel Market de Londres coa seguridade de que o 2020 terá unha gran dependencia de ofertas de última hora. A recente quebra de Thomas Cook e a situación política marcaron a celeebración desta feira e evidenciaron por onde camiñará o sector o próximo ano.

A compaña aproveitou a súa estancia para mostrar o seu produto nun dos mercados emisores máis importantes para a península Ibérica, con especial atención á promoción do Camiño de Santiago. «Viaxes Interrías trata de incluír a Galicia nos programas impulsados por outros operadores estranxeiros para o norte da penísnula», explica o director comercial da firma, Fabián Buezas, tras a súa participación na World Market de Londres.