Arrinca a campaña do boi e a centola na Coruña e Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

A intención é que os primeiros exemplares de ambas as especies cheguen este luns ás lonxas

11 novs 2019 . Actualizado ás 08:38 h.

Xa está aberta a veda da centola e o boi nas provincias de Pontevedra e A Coruña. A campaña arrincou a pasada medianoite nas áreas que van desde A Guarda ata cabo Corrubedo, no caso da provincia de Pontevedra, e de cabo Corrubedo ata Estaca de Bares, na da Coruña. Deste xeito, a flota con porto basee nestas zona autorizada para a extracción de ambas as especies xa pode faenar e vender desde hoxe mesmo as súas capturas nas lonxas.

A campaña estenderase ata o inicio da veda do ano que vén, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.

No litoral comprendido entre Estaca de Bares e o río Eo, incluída a ría do Barqueiro, en Lugo, arrincará o próximo 2 de decembro.

A cota máxima de captura de cada unha de ambas as especies será de 35 quilos por barco e día, cantidade á que se sumarán outros 35 quilos diarios por cada tripulante enrolado a bordo das embarcacións.