Contos, cociña e baile no primeiro día das Núbebes

sara vila

PONTEVEDRA

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Do 21 ao 22 de setembro • 12.15 horas O festival das Núbebes chega a Pontevedra cun programa cheo de contos, teatro, música e cociña. Ás 12.15 comezarán as actividades co espectáculo de contos e marionetas Baila, Roque, baila, ao que seguirá un taller de baile e canto e un teatro de contos xogados. Pola tarde, os asistentes poderán gozar dunha das grandes novidades da edición: o taller de cociña Cociñando Xuntos, da Asociación Down Pontevedra Xuntos. O domingo, celebrarase un espectáculo de música, un taller de pedagoxía de abrazo e a representación teatral Ou lobo e a lúa, e contaranse moitos máis contos no espectáculo Kenka un Kenko.