Ponteatro regresa ao Principal para achegar o mellor «teatro galego e en galego» á cidade

La Voz

PONTEVEDRA

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

10 outubros ao 19 de decembro • Teatro Principal • Ponteatro regresa un ano máis a Pontevedra para achegar o mellor teatro «galego e en galego» á cidade. A partir do próximo 10 de outubro, e ata o próximo 19 de decembro, cada xoves ás 21 horas os pontevedreses poderán gozar dun espectáculo. Ademais, durante este tempo realizaranse dous espectáculos encadrados nos Venres Golfos, que adiantan a súa hora de proxección ás 23.00 horas e que manteñen os descontos nas consumicións nos locais de hostalería da Zona vella. As entradas xa están á venda.