Luz verde para retirar as árbores da ponte do Verdugo

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTEVEDRA

MARCOS GAGO

Ponte Caldelas acometerá a limpeza da canle no tramo urbano do río durante as próximas dúas semanas

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ponte Caldelas dispón xa de luz verde, por parte de Augas de Galicia, para a retirada de árbores caídas na canle ou que ameacen facelo, entre a praia fluvial da Calzada e o balneario. A actual lexislación implica que sexa o Concello quen execute estes traballos baixo a supervisión do ente autonómico. A intención do goberno local é que na o longo dos próximos 15 días iranse retirando todas as árbores caídas.

Por outra banda, o Concello solicitou a Augas de Galicia e a Estradas o permiso para poder actuar na ponte do Verdugo, no centro urbano. Trátase dunha pequena actuación, destinada a mellorar o aspecto desta emblemática ponte de pedra, e que consistiría en tapar tubaxes e cables que o atravesan perpendicularmente.