1998: Entregan ao príncipe Felipe unha copia da Peregrina

La Voz

PONTEVEDRA

Non dispoñible

Ocorreu en 1998

18 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tal día como hoxe, hai 21 anos, La Voz de Galicia facíase eco da seguinte noticia: O Concello regalará ao príncipe unha reprodución en bronce da Peregrina.

Ocorreu no marco da visita oficial do entón príxnipe Felipe a Pontevedra, polo monarca percorreu algúns dos puntos máis emblemáticos da cidade: o Concello, a rúa Michelena, a Praza da Peregrina, o Paseo de Antonio Odriozola e a rúa da Pasantería, bordenando a Herrería. Durante a súa estancia en Pontevedra, ademais, Felipe VI asinou o Libro de Ouro da cidade e reuniuse cos portavoces dos distintos grupos municipais que, no caso da oposición, trasladaron as distintas problemáticas que entón consideraban que sufría a cidade.

A reprodución da Peregrina, que fora encargada polo Concello, pesaba 25 quilos e foi entregada polo alcalde Pedrosa. Durante a súa visita, Felipe VI estivo acompañado polo entón presindete da Xunta, Manuel Fraga.