Restablecido o tráfico na Alameda, Reina Victoria e Xeral Martitegui

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

A circulación volveu á normalidade tras as festas da Peregrina

21 ago 2019 . Actualizado ás 11:32 h.

As festas da Peregrina xa quedaron atrás e a Policía Local abriu ao tráfico Reina Victoria e a Alemeda á primeira hora desta mañá. Pouco despois das once da mañá xa estaba operativa a rúa Xeral Martitegui, que está pendente de que se cambien as direccións de aparcadoiro.

Con esta repertura facilítase o acceso á ponte da Barca, así como o dunha das arterias principais da cidade despois de dez días inhabilitada polas atraccións de feira.