Caldelas Xoven traerá a Famous e Ricky Merino para as súas festas dos Dolores

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O festival Caldelas Xoven subirá o sábado ao escenario da capital do Verdugo aos cantantes Famous, gañador de Operación Triunfo do ano pasado, e a Ricky Merino, que tamén foi cantante de OT. Serán dúas das actuacións máis destacadas do programa festivo dos Dolores , que inclúe tamén o sábado ao grupo América o domingo á orquestra Olympus e o martes ao Combo Dominicano. Esta é parte dunha programación festiva coa que o Concello invita a veciños e visitantes a gozar dunha das semanas máis intensas da comarca. Cabe sinalar que a verbena do martes é unha das máis longas de Galicia, xa que comezando pola noite, durará oito horas ata a mañá do mércores.

Repartición de fichas gratuítas

Pola súa banda, no marco da súa política de igualdade, o Concello tamén iniciou a repartición de fichas para os nenos de familias en risco de exclusión social, para que estes pequenos tamén poidan gozar dos festexos caldelanos.

Os Servizos Sociais achegaron fichas a 54 nenos de 31 familias -tres máis que o ano pasado- como beneficiarios directos desta medida. Os máis pequenos obtiveron deste xeito tres fichas e un vale para churros, mentres que os nenos máis maiores recibiron dúas fichas e un vale de churros.