Os códigos secretos dos mariñeiros do Miño

La Voz

PONTEVEDRA

Non dispoñible

19 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata o 15 de setembro • De 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas • Avenida Atlántida, 160 • O Museo do Mar de Galicia expón As marcas de pescadores. Póvoa de Varzim e A Guarda, que poderá ser visitada no espazo destinado a mostras temporais.

Trátase dunha mostra fotográfica, e de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e os seus pescadores. Recolle curiosidades, por exemplo, a que lembra que os mariñeiros da Guarda e os da súa localidade veciña de Póvoa de Varzim, na ribeira lusa, son os únicos de toda Europa que manteñen vivo un código de identificación propio e ancestral co que os pescadores marcaban os seus utensilios de traballo. A asociación de embarcacións tradicionais

O Piueiro organiza a exposición. Consideran que a súa orixe se remonta ao século XVIII, e naceron para paliar a falta de destreza dos mariñeiros para ler ou escribir.