1985: Afogado na praia da Lanzada ao intentar rescatar á súa muller e á súa filla

La Voz

PONTEVEDRA

XOAN CARLOS GIL

1985

18 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un home faleceu na praia da Lanzada ao intentar rescatar á súa muller e á súa filla. Segundo contaba este xornal, a muller e a pequena de tres anos estaban a xogar no mar cando as sobreveu unha onda. Isto foi detectado polo seu marido, quen formou, xunto con outras catro presentas, unha cadea humana para socorrelas.

Durante a operación foron derrubados pola ondada. Nese momento unha lancha da Cruz Vermella achegouse a socorrer á muller e á nena. Dos cinco que compuñan a cadea, catro foron atopados con síntomas de asfixia pouco despois, xunto ao cadáver do home. Seis persoas faleceran por asfixia durante ese ano, catro nese mesmo areal.