1957: Tres nenos feridos en Pontevedra ao incendiar pólvora

La Voz

PONTEVEDRA

CHOP

1957

17 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tal día como hoxe, en 1957, La Voz de Galicia facíase eco dun accidente que afectou a tres nenos pontevedreses ao xogar con pólvora.

Aquel día de verán, talvez movidos polo espírito das festas de agosto, estes tres amigos compraron dous foguetes e unha bomba de palenque, un clásico nas romarías e celebracións que dominan o período estival. Á vista do vendedor, que era un conveciño dos mozos, os raparigos descargaron os foguetes e gardáronse a pólvora nos petos da roupa. Tras isto, decidiron trasladarse a unha leira, onde prenderon lume á pólvora que, inmediatamente, provocou unha explosión que feriu os tres raparigos. As queimaduras afectaron os raparigos de distinto modo. Un deles, o que sufriu as queimaduras máis graves, debeu ser trasladado ao hospital provincial, onde tiveron que amputarlle a man dereita. Os dous restantes, un pouco máis afortunados que o seu amigo, sufriron danos na cara e córneas dos dous ollos.