Licitado o proxecto e a execución do novo emisario da EDAR

La Voz

PONTEVEDRA

13 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta publicou onte na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación da elaboración do proxecto e a execución das obras do novo emisario submarino da estación depuradora de augas residuais (EDAR) dos Praceres. O orzamento é de algo máis de doce millóns de euros, e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 14 d outubro. O Consello da Xunta autorizou recentemente o gasto para esta obra hidráulica.